Xosé Manuel Bazarra Maneiro "Sepi" foi o encargado de guiar hoxe a derradeira sesión do CineFórum SonCine que durante todos os mércores deste mes de maio tivo lugar no IES de Porto do Son co obxectivo de difundir entre a comunidade educativa a creación audiovisual galega actual da man de catro recoñecidos directores.
Desta maneira, SonCine e a Coordinadora Leixaprén dan paso á celebración este venres do I Encontro Audiovisual Escolar Galego, no que participarán 200 alumnos e docentes de 18 centros escolares de todo o país, e a entrega do XII Premio Leixaprén, que este recae na figura de Manuel González Álvarez.

A organización deste evento conta co patrocinio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Porto do Son e o IES de Porto do Son, así como coa inestimábel participación dos especialistas do audiovisual convidados Daniel Domiguez, Luis Avilés, Mara González, Fran Piñeiro, Rebeca Ces e Anxo Rebollo, María Yáñez e Fernando de Castro.
Pódese consultar o programa da xornada aquí. O cartaz dos actos foi deseñado por Rebeca Ces e desescribir.
Nenhum comentário:
Postar um comentário