Cando? Onde?

O encontro terá lugar o venres 27 de maio de 2011 entre as 10.00h e as 20.00h. Pola mañá, a Casa de Cultura do Concello de Porto do Son acollerá a proxección dos traballos escolares e a entrega do XII Premio Leixaprén. O encontro trasladarase pola tarde ás instalacións do IES de Porto do Son, no que se desenvolverán as aulas de cine e o foro dos docentes.

PROGRAMA

Mañá (Casa de Cultura)

09.45h-10.00h recepción e presentación de participantes na Casa de Cultura de Porto do Son
10.00h-12.00h presentación das producións audiovisuais dos centros
12.00h-12.15h descanso
12.15h-13.15h presentación das producións audiovisuais dos centros 
13.15h-14.00h entrega do Premio Leixaprén
16.00h primeira quenda de obradoiros e foro de docentes
17.30h pausa-merenda

Mediodía (IES de Porto do Son)

14.00h-16.00h o xantar


Serán (IES de Porto do Son)

16.00h-17.00h aulas de cine
17.00h-17h20 descanso
17.20h-18h20 aulas de cine
18.20h-18h40 descanso / a merenda
18.40h-19h40 aulas de cine
19.40h-20h00 clausura





--------------------------------------------------------------------
De 10 a 14 horas estaremos na Casa da Cultura do Porto do Son.
O xantar será por conta de cada participante, excepto os convidados. De facer bo tempo, hai un merendeiro e un camping á beira do IES e da praia de Caveiro.

De 16 a 20 nas aulas do IES de Porto do Son.



Ver Casa da Cultura de Porto do Son nun mapa máis grande