PROGRAMA

XII Premio Leixaprén + Encontro Audiovisual Escolar Galego

Encontro Audiovisual Escolar Galego
Alumnos/as e docentes, coa colaboración de profesionais do cine, xuntámonos o día 27 de maio no IES de Porto do Son para celebrar un  encontro do audiovisual escolar galego.
Os obxectivos son: compartir os nosos proxectos, aprender e organizar dende a base esta enorme e feliz enerxía creativa que xurde nos centros escolares de Galicia.

Mañá
Casa da Cultura de Porto do Son
09.45 Recepción e presentación
10:00 Proxeccións das producións dos centros
12:00 Descanso
12:15 Proxeccións das producións dos centros
13:15 Entrega do Premio Leixaprén
Tarde
IES de Porto do Son
14:00 O xantar
16:00 Aulas de cine
17:00 Descanso
17:20 Aulas de cine
18:20 Descanso. A merenda
18:40 Aulas de cine
19:40 - 20:00 Clausura

Centros participantes

IES de Porto do Son
IES de Cacheiras
CIFP A Farixa - Ourense
IES Eduardo Pondal - Compostela
CPI Os Dices - Rois
CPI DR. López Suárez - Escairón
IES As Barxas - Moaña
IES Pintor Colmeiro - Silleda
IES A Guía - Vigo
IES García Barros - Estrada
IES Taboada Chivite - Verín
IES Aquis Celenis - Caldas
IES Félix Muriel - Rianxo
IES Audiovisual - Vigo
IES Salvaterra de Miño
CPI Eusebio L. Baleirón - Dodro
IES Leliadoura - Ribeira
IES de Allariz

Profesionais convidados

Daniel Domiguez - Guión
Luis Avilés - Dirección
Mara González - Produción
Fran Piñeiro - Fotografía e cámara
Rebeca Ces e desescribir - Deseño gráfico
María Yáñez - Difusión web
Fernando de Castro - Taller de rodaxe


Venres, 27 de maio de 2011

A Coordinadora Leixaprén, constituída por  centros de ensino secundario dos concellos de  Outes, Muros, Noia, Rianxo, Lousame, Dodro,  Rois e Porto do Son, concede dende o curso  1999-2000 un premio que ten como finalidade  recoñecer o labor que realizan persoas, colectivos, empresas ou institucións na promoción e defensa da lingua galega. Dende que na súa primeira edición fora concedido ao poeta Manuel
María, diferentes personalidades e colectivos do mundo da cultura, as artes plásticas, a comunicación,
o ensino ou a administración como Xosé Agrelo Hermo, Isaac Díaz Pardo, Manuel Fabeiro Gómez, Xurxo Souto, Mar de Lira, a Escola Infantil Raiola, a editorial Toxosoutos, Vieiros, a Sala Nasa, a revista Irimia ou a Asociación de Funcionarios en Lingua Galega, foron galardoados polo seu compromiso co idioma e a cultura
galegas.
O IES de Porto do Son asume a edición do ano 2011 coa vontade de converter esta cita nun espazo de encontro e formación dos centros escolares de secundaria que desenvolven proxectos audiovisuais, nun eido no que, a diferenza do audiovisual industrial, se aposta maioritamente polo idioma galego. Neste contexto, o premio concédese a Manuel González Álvarez en recoñecemento ao seu labor de promoción do audiovisual
galego e da lingua galega no audiovisual, mais tamén para simbolizar o traballo colectivo de todas aquelas persoas que introduciron e dinamizaron o audiovisual nos ámbitos afeccionado e escolar.



Quizais todo comece na cabina de proxección dun cine. Nun neno que mira como o seu pai coloca as bobinas no proxector, apaga as luces da sala e abre as portas á luz dos soños. O cine. Se cadra todo consista na fidelidade entusiasta a esa experiencia: a necesidade de saber, de compartir, de producir a posibilidade dunha expresión soberana, de dar lugar a que suceda a creatividade.
Manolo sempre construíu canles: de produción, de difusión, canles de creatividade. Dalgunha maneira nunca deixou esa cabina de proxección no cine da súa infancia. E iso é o que queremos agradecerlle.
Este é o seu currículo na páxina da Axencia Galega do Audiovisual que el dirixiu:  Licenciado en Psicoloxía (Universidade Complutense, Madrid 1977).Director do I.F.P. Allariz (1979-82), onde realizou as primeiras
experiencias de vídeo na escola en Galicia.  En 1984 foi responsable da Área de cine e vídeo da Dirección Xeral de Cultura, organizando as primeiras axudas publicas ao cinema e vídeo galegos, coordinou o programa “A imaxe na escola” (curso 1984-85) e foi responsable da Videoteca de Galicia (1984-85), xérmolo do que será posteriormente o CGAI.  Publicou numerosos artigos e impartiu charlas e cursos sobre vídeo e imaxe na escola e o audiovisual no ensino. Foi organizador da sección de vídeo e as actividades paralelas de XOCIVIGA (1984-1989). Con X. L. Cabo catalogou e fotografiou o patrimonio cinematográfico galego, materializándose este traballo na exposición itinerante “Cinematógrafos galegos” (1986-1987).
· En 1988 entra a traballar na productora Vídeovoz TV, desenvolvendo funcións de arquivo, produción, guión e realización en diversos programas e series paraTVG como “Encontros”, “Galicia no cine”, “A mellor TV do mundo” ou “Extramuros”, entre outros. · Participou na investigación e catalogación da memoria audiovisual da emigración galega. A súa tese de doutoramento en historia versa sobre “A emigración no cinema español” . Entre outros, publicou o libro Documentos para la Historia do cine en Galicia (1970-1990) e participou en varios libros colectivos (Historia do cine en Galicia, Diccionario do cine en Galicia, etc.) e numerosos folletos e artigos sobre audiovisual galego, patrimonio e formación audiovisual.
· Creador e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña (1990-1998). Profesor no Master de produción e xestión audiovisual da Universidade de Coruña (1998-2009) e profesor asociado na Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo (2004-2007). Nos anos 2004 e 2005 foi o director de desenvolvemento da produtora Dygra Filmes.  Participou en numerosos eventos, festivais e mostras audiovisuais, así como en charlas e coloquios en foros nacionais e internacionais.
· Foi Premio de honra Fernando Rey en 1999, pola súa“contribución ao desenvolvemento da industria
audiovisual galega”, e Premio AISGE no 2006 “pola súa traxectoria”.
· Dende o ano 2006 ao 2009 desenvolveu labores de dirección da Axencia Audiovisual Galega da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, coordenando as convocatorias de axudas á produción, o deseño e contidos da web da Axencia Audiovisual Galega (Premio á mellor páxina institucional en galego no ano 2008) e impulsando novos proxectos para o audiovisual galego como Cinemas Dixitais, Flocos.TV (Premio Mestre Mateo 2009) ou Memoria do século XX

Coordinadora de ENL Leixaprén
IES Porto do Son:
· SonCine
· EDLG
· Equipo da Biblioteca
· Dpto. de Lingua Galega
· Dpto. de Educación Plástica e Visual
Colaboran:
Concello de Porto do Son
Concellaría de Cultura de Porto do Son
Xunta de Galicia
Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria. Secretaría Xeral de Política
Lingüística

XII Premio Leixaprén
Máis información:
www.soncine.blogspot.com