27 de jun. de 2011

Audiovisual escolar galego.

O titular da información, no Portal da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega di:
A Academia do Cine premia un programa de audiovisual escolar que non se realizou este ano.
O premio é Premio González Sinde, e o programa chámase: Audiovisual nas aulas.
Se poñemos en VIMEO a busca "audiovisual nas aulas" o resultado é este: tres vídeos son galegos, os outros brasileiros ou portugueses. Eses tres vídeos pertencen ao proxecto SonCine, alleo ao proxecto do Consorcio.
Se facemos unha busca en google de "audiovisual nas aulas" o resultado é estoutro, dos cales o único que se relaciona co proxecto do Consorcio Audiovisual de Galicia, é unha promo do ano 2009.
En youtube a busca é máis confusa pero semellante en resultados. 
Outramentes, seguir fíos de información sobre política audiovisual (a educación deixémola para outro día) en Galicia é entrar no espazo da astracanada.
O deputado popular de Cultura, Ignacio López-Chaves, aproveitou a súa intervención para cifrar en 42 os proxectos audiovisuais que están en marcha neste 2011, fronte os 42 do ano anterior.
"Todas as competencias sobre o audiovisual coordínanse dentro do marco da área de Cultura” asegurou Roberto Varela, conselleiro de Cultura, no marco dunha intervención no Parlamento. Con todo, recoñeceu que son a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Consorcio Audiovisual as dúas entidades que xestionan e coordinan as políticas públicas nesta materia.
En fin, unha parodia involuntaria.
Mentres, se poñemos "Cinema en curs" (un proxecto catalán paralelo, non similar) en vimeo o que sucede son uns 400 traballos. En Youtube a busca dá uns resultados superiores.
Mentres, sós, sen apoio económico, movidos polo amor ao traballo educativo, o entusiasmo, a convicción, os docentes galegos levan adiante centos de actividades creativas no ámbito audiovisual. Aquí uns 1800 vídeos.
Os nosos patronos din que traballamos pouco; dirán. Dirán iso porque nós sabemos que os reises e raíñas do noso conto van en coiros e precisan ataviarse con mentiras e desinformación para forzarse a crer que o relumbrón da súa presencia nas inaguracións, ou poñer cara de destetanenos nas entrevistas e nos discursos, é gobernar. Ca!

Nenhum comentário: