11 de abr. de 2011

ENCONTRO DE AUDIOVISUAL ESCOLAR GALEGO

Como é posible que nesta semana novos amigos cheguen a este blog, fixemos unhas remodelacións nas normas para participar no evento. Son estas. E afectan a quen e de que maneira pode participar. Non deixedes de cubrir o formulario en inscríbete por favor.


Estamos a organizar unha XUNTANZA, un ENCONTRO DE AUDIOVISUAL ESCOLAR GALEGO que consta de catro partes:
  1. Exhibición e presentación de actividades.
  2. Entrega do Premio Leixaprén a Manolo González (Flocos, Cinemas Dixitais... ver Premio Leixaprén neste blog).
  3. Talleres, charlas, conferencias, encontros dos rapaces con profesionais dos medios audiovisuais.
  4. Asemblea de docentes que traballamos no audiovisual para sentar as bases dunha asociación, ou proxecto común (o que decidamos).

----------------------------------------------------------------------------------
QUEN ORGANIZA?

O IES DE PORTO DO SON: Departamentos de Lingua Galega, Biblioteca, Normalización e SonCine (Aula de Audiovisuias -materia optativa do IES- en 3º ESO).

Contacto:

e.soncine@gmail.com

QUEN PODE ASISTIR?  

Alumnado de secundaria e escolas de imaxe de Galicia que traballen o audiovisual  acompañados dos seus profesores, (non temos espazo, nen capacidade organizativa, este ano, para acoller  alumnado de primaria e infantil, e ben que o lamentamos) a asistencia queda condicionada a dous factores: 
  1. aportar ao ENCONTRO un material propio -e apropiado (duración de curtametraxe)-  para a súa exhibición, pode estar inacabado, pode ser apenas a presentación dun proxecto.
  2. posibilidades da organización (150-200 prazas).
Docentes de calquera nivel, infantil, primaria, secundaria, que veñan pola súa conta, sen alumnos, con ou sen aportar traballos. 

No caso de exceder ese número primaríamos a diversidade de aportacións sobre o número de asistentes por proxecto: mellor que veñan 10 de cada centro e veñan 15, que 30 de cada un e veñan 5. No caso  de que nos desborden as demandas estudiaríamos a selección polo interese educativo, orixinalidade, calidade... da actividade.

Um comentário:

luz beloso disse...

Son unha profesora do IES as Barxas.
¿ como teño que facer para rexistrarme? grazas
o meu blog é:
http://educortos.blogspot.com/