Organización

somos poucos a mover isto: precisamos que sigades estas orientacións

cumpride os prazos de entrega de formularios
  • canto mellor pensedes as respostas aos formularios mellor poderemos orientar a xornada do 27
cumpride os prazos de entrega dos vídeos
  • mandádeos en formatos comúns,  sen menús alambicados, 
  • testádeos antes nun dvd doméstico e nun lector de ordenador VLC p.e.
  • acompañade unha ficha técnica breve, sinopse, e fotos (e outro material auxiliar que consideredes preciso) nun cd
avisos prácticos
  • se o día 27 ides chegar con retraso, avisádenos
  • o mellor sitio para aparcar é no porto, desde alí hai 5' a andar á casa da cultura
  • nas inmediacións do IES non hai bares, se ides xantar de bar facédeo na vila
  • nas inmediacións do IES si hai un merendeiro 70 prazas +- nun pinar á beira da praia de Cabeiro, en mesas de pedra, un camping, e o propio IES: se fai bo día e levades o xantar é un lugar ideal para que o alumnado se coñeza
  • da praia ás aulas leva menos de 5 minutos a andar
  • pode que algún dos talleres se faga neste mesmo espazo (se o tempo o permite)
  • non asumimos ningunha responsabilidade civil sobre a vixiancia dos alumnos/as que veñan, excepto os nosos
  • da vila ao IES chégase en 20 minutos a andar
  • os autobuses teñen lugar para aparcar no exterior do IES
  • tede ben definido cal é o curso, charla. taller, ao que queren asistir, é convinte que traiades o material que poidades: cámaras, portátiles, etc
  • o noso alumnado estará sempre á vosa disposición para informarvos de todo o que precisedes
iremos anovando esta páxina segundo as vosas demandas de información