22 de mar. de 2011

Preescolar na casa

Sobra calquera comentario: 673 programas. Todos os que tivemos, e aínda temos, unha preocupación prolongada pola educación sabemos do enorme traballo, da teimosía, do carácter innovador necesarios para manter durante ¡34 anos! este proxecto. Dalgunha maneira, "Preescolar na casa" acompañounos, ben na radio, ben na tv galega, solermiño, sen facer ruído, pero sempre aí, coma un bo amigo. Un amigo cun sorriso aberto, acolledor, coma o que eu lle lembro, de cando un era neno e el viña pola casa da aldea, a Luis Ferradás, cofundador do proxecto. O vídeo escolar ten aí un referente: 20 anos de television educativa. Vede, ou escoitade (o streaming a veces é falluto), o seu último programa.


Nenhum comentário: