3 de mar. de 2011

Alicerces

As escolas non somos comunidades pechadas no fondo de remotos vales. Non temos sentido sen, e en certo xeito para, o noso contexto. Nese contexto a creatividade e o saber han de ser necesarios, ou non ser. O saber non é a reprodución de repertorios de coñecementos: é o que facemos con eles. Unha forma de ver e de estar no mundo. Saber é unha acción; quen non se arrisca non erra; quen non erra non aprende. Un IES é un centro de produción: produce memoria; produce socialización; produce comunicación; produce disciplina, amor ao traballo, creatividade, amizade...; pero tamén produce escisión social, frustración, inmobilismo. Segue aquí....
Vede as famosas conferencias de Sir Ken Robinson, Why schools kill creativity-The case for an education system that nurtures creativity; Bring on the learning revolution!,

Nenhum comentário: