27 de nov. de 2008

Making Son na Mostra "Vila de Noia"


Este venres, 28 de novembro, comeza a mostra de curtametraxes "Vila de Noia", no Coliseo Noela a partires das 21:30h., coa proxección do noso 2º traballo.

A curta "Making Son" entra a concurso na categoría de "Curta comarcal", espazo no que se presentarán curtas realizadas na zona do Barbanza, e das que sairá elixida unha curta que participará na "sección oficial de Vídeo" (sábado 29 ás 21:30h. e domingo 30, ás 19:00h.), competindo con traballos de Galicia, España e incluso do estranxeiro.

Grazas por adiantado aos que veñan ver o noso traballo. Esperamos non defraudalos.


Nenhum comentário: